Friday 13 de September de 2024

Santa Cruz, Santa Cristina e Mera acollerán o VIII Festival de Artes Escénicas na Rúa


Os días 19, 20 e 21 de xullo, terá lugar unha nova edición do Festival de Artes Escénicas na Rúa, máis coñecido como RÚA EXT-CÉNICA. Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas, que intentarán transformar a rúa nun marco propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.

VENRES 19

CIRCO
Ricky, el profesor de tenis
20:00 h, Parque José Martí

CONCERTO
Black Quinteto
20:30 h, praza Afundida

SÁBADO 20

CIRCO
Kanbahiota
20:00 h, Monumento aos Emigrantes

CIRCO
SU.MA
21:15 h, praza Esther Pita

DOMINGO 21

MÚSICA INFANTIL
Uxía Lambona e a Banda Molona
12:30 h, Parque da Lagoa

DANZA CONTEMPORÁNEA
Daniel Rodríguez, Eva Comesaña e Raquel Ferradás
21:00 h, Parque José Martí